Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Ensino  
Portada » O Concello » Concellería de Ensino e Xuventude » Ensino » Contidos
   
CONTIDOS

« Atrás

Viaxe de fin de curso para alumnos de 4º da E.S.O. ás Illas Cíes

O Concello de Oleiros organiza unha viaxe dun día ás Illas Cíes para o alumnado de 4º da ESO, matriculado durante o curso 2019-2020, en calquera dos tres centros de ensino público de Oleiros que imparten educación secundaria obrigatoria (IES María Casares, IES Miraflores e IES Neira Vilas).

A excursión, dun día sen pernocta, inclúe a viaxe de ida e volta en autobús ata a Estación marítima de Vigo, a travesía en barco de ida e volta ás Illas Cíes, visita guiada, monitorado e comida tipo "pic-nic".

Esta actividade realizarase a finais de agosto ou primeiros de setembro, quedando pendente a confirmación definitiva da data de obtención do permiso para o acceso ao Parque Natural das Illas Atlánticas (do que forman parte as Illas Cíes). 

Os interesados poden anotarse utilizando o formulario anexo, que deberán enviar xunto coa documentación especificado no mesmo (copia da matrícula en 4º da ESO durante o curso 2019-2020) á dirección de correo electrónico ensino@oleiros.org.

O prazo para anotarse é do 21 ao 28 de xullo.

FORMULARIO

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza