Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Deportes, Turismo, Promoción Económica e Formación e Emprego
   
NOVAS

« Atrás

Escola Municipal de Golf

Quedan prazas libres no grupo D e grupo E de 2004 e 2005

Enlace preinscición Sede Electrónica

Coa recente posta en marcha do Campo de Golf de Xaz, o Concello de Oleiros ten interese en divulgar e dar a coñecer a práctica do golf entre a poboación en idade escolar do municipio. Para iso, e grazas a un convenio de colaboración entre o propio Concello de Oleiros e as sociedades que xestionan o campo de golf de Xaz, créase a Escola Municipal de Golf.

Esta escola deportiva ten por obxectivo iniciar o noso alumnado no deporte do golf ao tempo que se inculcan valores propios da disciplina en particular e do deporte en xeral.

O programa de actividade terá lugar no Campo de Golf de Xaz desde outubro de 2021 ata xuño de 2022, coincidindo sempre as súas sesión co calendario escolar. O custo da actividade será de 17€/mes para os grupos A, B e C; e de 8€/mes para os grupos D e E.

A estrutura do curso organízase en 5 quendas en función de diferentes horarios e idades. Cada alumno/a terá dúas ou unha sesión semanais de 45 minutos/sesión de duración segundo a idade.

Destinatarios/as e quendas:

Para rapaces e rapazas nacidos/as entre 2004 e 2011 (Só empadroados/as en Oleiros)

Grupo A: para escolares nacidos/as entre 2010 e 2011. Luns e martes de 16:30 a 17:15h (máximo 16 prazas).

Grupo B: para escolares nacidos/as entre 2008 e 2009. Mércores e xoves de 16:30 a 17:15h (máximo 16 prazas).

Grupo C: para escolares nacidos/as entre 2006 e 2007. Mércores e xoves de 17:15 a 18:00h (máximo 16 prazas).

Grupo D: para escolares nacidos/as entre 2004 e 2005. Luns de 17:15 a 18:00h (máximo 16 prazas).

Grupo E: para escolares nacidos/as entre 2004 e 2005. Martes de 17:15 a 18:00h (máximo 16 prazas).

O Concello de Oleiros achegará todo o material necesario para a actividade.

O prazo de preinscrición será do 1 ao 14 de setembro. Dada a limitación de prazas en cada quenda, se as preinscricións recibidas neste período sobrepasan as prazas ofertadas, realizariamos un sorteo público coas solicitudes recibidas ata o día 14. O sorteo terá lugar na Fábrica o xoves 16 de setembro ás 12:00 hPosteriormente publicaranse as listas de persoas admitidas e quedará confeccionada a lista de reserva. En caso de que queden vacantes cubriranse pola orde da lista de reser va. A partir deste prazo poderán preinscribirse incorporándose á lista de reserva en último lugar. Para darse de baixa deberase presentar a solicitude da mesma, no rexistro municipal da Fábrica, antes do día 20 do mes anterior ao que desexa causar baixa.

O sistema de pagamento será por medio de domiciliación bancaria.

O documento para realizar este trámite enviarase á persoa interesada unha vez se confirme a admisión no curso.

As preinscricións deberán realizarse a través da SEDE ELECTRÓNICA.

Folleto Informativo folla

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza