Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Deportes, Turismo, Promoción Económica e Formación e Emprego
   
NOVAS

« Atrás

Actividades deportivas de Verán

Folleto informativo folleto 

Kaiak en Santa Cruz 

Descrición:

Orientada fundamentalmente ao aspecto recreativo, a través das actividades no kaiak de mar. A súa distribución será en cursos intensivos de 5 sesións cada un (10 horas). En cada curso ofertaranse 16 prazas. É obrigatorio saber nadar.

Destinatarios/as:

Para mozos/as nacidos/as entre 2005 e 2009.

Obxectivos:

  • Aproveitar e gozar do tempo de lecer en contacto co medio natural.
  • Aprender a realizar as manobras de control e seguridade na embarcación.
  • Aproveitar os valores a transmitir polo deporte, desenvolvemento das capacidades físicas e motrices, disposición ao esforzo persoal e ás capacidades sociais, o traballo en equipo, a solidariedade e a tolerancia.
  • Coñecer as normas fundamentais de seguridade sobre o kaiak e prevención de riscos.
  • Coñecer a praia de Santa Cruz e a súa contorna costeira, procurar a súa conservación e respecto.

Lugar de realización:

Esta actividade realizarase nas instalacións náuticas da praia de Santa Cruz, situadas debaixo da pasarela de acceso ao castelo.

Convén levar posto:

Traxe de baño, camiseta de cambio ou lycra, chancletas ou escarpíns e toalla.

Temporalización:

Nos meses de xullo e agosto, de luns a venres, en horario de 11:30 a 13:30 horas. Realizaranse un total de 8 quendas durante o verán nas instalacións náuticas da praia de Santa Cruz.

  • 1º quenda: do 25 ao 28 de xuño (4 días)
  • 2ª quenda: do 1 ao 5 de xullo
  • 3º quenda: do 8 ao 12 de xullo
  • 4º quenda: do 15 ao 19 de xullo
  • 5º quenda: do 29 de xullo ao 2 de agosto
  • 6º quenda: do 5 ao 9 de agosto
  • 7º quenda: do 19 ao 23 de agosto
  • 8º quenda: do 26 ao 30 de agosto

TIS

Surf en Bastiagueiro  

Descrición:

Cursos de iniciación ao surf de 10 horas cada un, de luns a venres de 12:00 a 14:00 h.

O Concello achegará todo o material necesario (táboas e traxes). (Obrigatorio saber nadar)

Destinatarios/as:

Para mozos/as nacidos/as entre 2002 e 2005.

Obxectivos

  • Destacar na práctica diaria o factor lúdico. A diversión debe ser prioritaria para crear afección e gusto pola actividade deportiva.
  • Experimentar un xeito de mellorar as capacidades condicionais de forza, resistencia, coordinación, equilibrio e flexibilidade.
  • Dar as ferramentas elementais para que ao remate do curso o alumnado adquira as nocións básicas do surf, así como o seu material e manexo.
  • Coñecer a praia de Bastiagueiro (formación de olas, correntes...) normas de seguridade, riscos e precaucións.
  • Educar na consecución de hábitos de conservación e respecto do medio ambiente.

Lugar de realización: d

Na instalación náutica da praia de Bastiagueiro.

Convén levar posto:

Traxe de baño, camiseta de cambio ou lycra, chancletas e toalla.

Temporalización:

  • 1ª quenda: do 1 ao 5 de xullo
  • 2ª quenda: do 8 ao 12 de xullo
  • 3ª quenda: do 15 ao 19 de xullo
  • 4ª quenda: do 19 ao 23 de agosto

 Campus deporte

Descrición:

As actividades incluídas nos Campus deporte pretenden aproveitar a recreación deportiva como ferramenta na ocupación do tempo de lecer, así como descubrir e dar a coñecer actividades e instalacións con posibilidades de práctica dentro do noso concello e contorna. Cada campamento durará unha semana  e ofertará ata 30 prazas cada un. O horario habitual será de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas.

É obrigatorio saber nadar.

Pregamos puntualidade á hora de deixar e recoller os/as participantes, tanto nas paradas do bus como no propio pavillón.

Lugar de realización:

O punto de encontro será o pavillón polideportivo municipal de Bastiagueiro situado na rúa Uxío Novoneyra s/n, Bastiagueiro- Liáns (GPS: N 43º 20’ 23’’ W 8º 21’ 02’’); desde alí, e segundo o programa diario, desprazarase ás persoas participantes en autobús ata o lugar da actividade.

Transporte:

Realizarase un percorrido de autobús polo termo municipal de Oleiros para recoller os/as alumnos/as e deixalos posteriormente nas paradas (nas xornadas con chegada de tarde o bus non fará o percorrido, a recollida será no pavillón). É obrigatorio especificar na inscrición, da maneira máis precisa posible, o lugar da parada que se solicita, tanto de ida como de volta. O transporte conta con servizo de acompañante.

A listaxe cos horarios e paradas de autobús serán enviadas ao correo electrónico facilitado na inscrición e tamén poderán ser consultadas no Servizo Municipal de Deportes o xoves anterior ao comezo de cada campamento.

Recomendacións:

Como norma xeral para as actividades multideportivas é necesario vestir roupa deportiva e cómoda, tamén é recomendable traer crema solar e viseira.

A media mañá faremos un pequeno descanso para repoñer forzas polo que é aconsellable traer algo para comer (por exemplo unha peza de froita e auga).

Convén levar posto:

  • Unha mochila pequena para gardar unha botella de auga e outras cousas.
  • Calzado pechado e cómodo para camiñar e facer as actividades multideportivas.
  • Roupa cómoda e axeitada ao tempo atmosférico.
  • Gorriña ou pucho para o sol.
  • Botella de auga e peza de froita.
  • Crema protectora para as/os nenas/os.
  • Traxe de baño, gorro, chancletas e toalla para a sesión de xogos acuáticos.
  • Traxe de baño, camiseta de cambio ou lycra, chancletas e toalla nas sesións de surf e kaiak.

Campus deporte para nacidos/as en 2012 e 2013

Luns: xogos deportivos

Martes: xogos populares e xogos acuáticos

Mércores: xogos de loita e xincana deportiva na praia

Xoves: escalada e patinaxe

Venres: olimpíadas alternativas na praia

  • Campus deporte 2012-2013 do 1 ao 5 de xullo

Descrición das actividades:

Xogos deportivos

Propoñemos unha serie de actividades deportivas nas que se traballará a resistencia, a velocidade, os lanzamentos e recepcións, a forza, os saltos e a flexibilidade.

Xogos populares

Os rapaces e as rapazas redescubrirán os xogos da cultura popular galega: chave, ra, buxainas, carreira de sacos, brilé…

Xogos acuáticos

Os participantes gozarán de xogos predeportivos adaptados ao medio acuático nun ambiente lúdico. Esta actividade farémola na piscina municipal de Oleiros. Será necesario levar o seguinte material: gorro, traxe de baño, chancletas e toalla.

Xogos de loita

Iremos camiñando á praia de Bastiagueiro (en función da meteoroloxía). Iniciaremos aos participantes na práctica das habilidades básicas de loita coas técnicas básicas nun ambiente lúdico e de respecto aos compañeiros e compañeiras.

Xincana deportiva

Iremos camiñando á Bastiagueiro (en función da meteoroloxía). Os nenos e nenas participarán en circuítos de habilidades mediante probas por equipos.

Escalada deportiva

Dotaremos dos coñecementos básicos: materiais a utilizar, características e normas de seguridade. Terán a oportunidade de tocar e coñecer o material básico da escalada deportiva. A actividade será no rocódromo do propio pavillón de Bastiagueiro

Xogos con patíns

Aproveitaremos para que poidan aprender a patinar de maneira autónoma. Convén traer calcetíns altos que cubran a zona do patín. Se ten patíns ou proteccións propias pódeas traer.

Olimpíadas alternativas

Iremos camiñando á praia de Bastiagueiro (en función da meteoroloxía). Os nenos poderán competir entre grupos en deportes tradicionais coñecidos pero adaptados para as súas idades e moito máis motivadores.

Campus deporte para nacidos/as en 2010 e 2011

Luns: xogos deportivos

Martes: orientación e xogos acuáticos

Xoves: escalada e camas elásticas

  • Campus deporte 2010-2011 do 8 ao 12 de xullo
  • Campus deporte 2010-2011 do 26 ao 30 de agosto

Carreira de orientación

Iniciación a orientación deportiva onde poderán manexarse co mapa. Faremos unha pequena carreira de orientación coas balizas e pinzas propias deste deporte.

Xogos acuáticos

As persoas participantes gozarán de xogos predeportivos adaptados ao medio acuático nun ambiente lúdico. Esta actividade farémola na piscina municipal de Oleiros. Será necesario levar o seguinte material: gorro, traxe de baño, chancletas e toalla.

Xogos de loita

Iremos camiñando á praia de Bastiagueiro (en función da meteoroloxía). Iniciaremos os participantes na práctica das habilidades básicas de loita coas técnicas básicas nun ambiente lúdico e de respecto aos compañeiros e compañeiras.

Xincana deportiva

Iremos camiñando á praia de Bastiagueiro (en función da meteoroloxía). Os nenos e nenas participarán en circuítos de habilidades mediante probas por equipos.

Camas elásticas

Visitaremos o parque UrbanPlanet con camas elásticas onde poderemos iniciar actividades de ximnasia deportiva. Non é necesario levar material adicional simplemente roupa deportiva.

Campus deporte para nacidos/as en 2008 e 2009

Luns: xogos deportivos

Martes: escalada e patinaxe

Mércores: orientación e sendeirismo en Dexo

Xoves: paseo a cabalo e xogos acuáticos

Venres: surf e rugby na praia

  • Campus deporte 2008-2009 do 25 ao 28 de xuño (4 días)
  • Campus deporte 2008-2009 do 15 ao 19 de xullo
  • Campus deporte 2008-2009 do 19 ao 23 de agosto

Orientación e sendeirismo en Dexo

Aproveitaremos o entorno natural da costa de Dexo para facer unha pequena ruta de sendeirismo dende a pista cuberta ata as furnas. Alí os nenos e nenas poderán xogar co material propio de orientación nunha gran carreira con probas.

Paseo a cabalo

Visitaremos o Centro hípico da Finca o Regueiral de Paderne. As persoas participantes gozarán do mundo do cabalo e darán un pequeno paseo montados en grupos reducidos. Ao finalizar faremos unha pequena comida co que leven os/as participantes e bañarémonos na piscina descuberta de Paderne que está preto da finca. A volta será no pavillón ás 18.00 h. Non teremos servizo de bus para repartir nas paradas.

Surf

Iremos camiñando á praia de Bastiagueiro (en función da meteoroloxía). Facilitaremos todo o material necesario: táboas de surf, traxes e lycras, aínda que se ten material propio pode levalo. Será necesario traer o seguinte material: traxe de baño, chancletas e toalla.

Rugby

Iremos camiñando á praia de Bastiagueiro (en función da meteoroloxía). Iniciaremos as persoas participantes na práctica do rugby sen contacto adaptado para o xogo na praia.

Campus deporte para nacidos/as entre 2006 e 2007

Luns: xogos deportivos

Martes: escalada e patinaxe

Mércores: parkour e actividades circenses

Xoves: sendeirismo e kaiak nas Fragas do Eume.

Venres: surf e rugby na praia

o   Campus deporte 2006-2007 do 29 de xullo ao 2 de agosto

Parkour

Actividade consistente en desprazarse dun punto a outro, superando os obstáculos existentes. Practicaremos os movementos básicos de desprazamentos e saltos buscando fluidez e orixinalidade. Iremos camiñando á sala de usos múltiples do INEF Galicia

Actividades circenses

Pequena práctica con material específico de actividades circenses. Os mozos/as poderán ter unha primeira toma de contacto e demostrar as súas habilidades e destrezas.

Sendeirismo e kaiak nas Fragas do Eume

Faremos unha pequena ruta de sendeirismo dentro das Fragas do Eume, pararemos a comer co que leven os mozos/as e a continuación montaremos nos kaiaks ata o punto de orixe. Facilitaremos todo o material necesario: kaiaks, palas e chalecos. Será necesario traer o seguinte material: camiseta ou lycra de cambio, traxe de baño, chancletas e toalla. A chegada será ás 18:30 h no pavillón e non teremos servizo de reparto nas paradas.

Surf

Iremos camiñando á de Bastiagueiro (en función da meteoroloxía). Facilitaremos todo o material necesario: táboas de Surf, traxes e lycras, aínda que se ten material propio pode levalo. Será necesario traer o seguinte material: traxe de baño, chancletas e toalla.

Rugby

Iremos camiñando á Bastiagueiro (en función da meteoroloxía). Iniciaremos as persoas participantes na práctica do rugby sen contacto adaptado para o xogo na praia.

Campus deporte para nacidos/as en 2004 e 2005

Luns: surf

Martes: escalada e camas elásticas

Mércores: viaxe ao encoro da fervenza, ruta en kaiak e escalada en torre exterior

Xoves: ruta bicicleta, tirolina e circuíto pontes colgantes

Venres: ruta sendeirismo e regreso

o   Campus deporte Encoro da Fervenza 2004-2005 do 5 ao 9 agosto

O horario será de 10:00 h a 14:00 o luns e martes. O mércores o inicio será ás 10:00 h e partiremos cara ao albergue Naturmaz que está en Mazaricos. O regreso será o venres aproximadamente ás 17:30 h no pavillón de Bastiagueiro.

Coa finalidade de ofrecer máis información sobre esta actividade realizaremos unha reunión informativa o xoves 27 de xuño ás 20:30h no auditorio da Fábrica.

Descrición das actividades:

Surf

Iremos camiñando á praia de Bastiagueiro (en función da meteoroloxía). Facilitaremos todo o material necesario: táboas de Surf, traxes e lycras, aínda que se ten material propio pode levalo. Será necesario traer o seguinte material: traxe de baño, chancletas e toalla.

Escalada

Pequena práctica no rocódromo municipal de Bastiagueiro e logo aproveitaremos o rocódromo exterior de Naturmaz con 12 m de altura dispoñibles.

Kaiak

Paseo en kaiak autobaleirable polas augas do Embalse da Fervenza.

Ruta en bicicleta

Pequena ruta en bicicleta polo entorno do albergue.

Tirolina

Tirolina con máis de 300 metros de longo á que se chega tras unha pequena camiñada e que dispón dunhas magníficas vistas do Embalse da Fervenza.

Circuíto de pontes colgantes

Circuíto interior a 6 metros de altura composto por 12 probas diferentes.

Ruta de sendeirismo

Ruta de sendeirismo polo arredores do Embalse da Fervenza.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza