Para mozos/as nacidos/as entre 2002 e 2010 (Só empadroados/as en Oleiros)
O Concello de Oleiros, coñecedor da problemática social que supoñen os ascendentes índices de obesidade infantil e xuvenil, do sedentarismo, e das dificultades que ás veces atopa a nosa mocidade para realizar actividades físicas e deportivas dun xeito regular, pon en marcha un novo curso da Escola Municipal de Surf dirixida a rapaces/as nacidos/as entre o 2002 e 2010.
Prezo público: 15€/mes
O programa de actividades de Surf terá lugar no centro deportivo municipal da Praia Bastiagueiro desde o 30 de setembro de 2022 ata o 28 de maio de 2023, coincidindo as súas sesións co calendario escolar. No caso de alertas metereolóxicas que imposibiliten ou recomenden non realizar a actividade, esta suspenderase.
Teremos funcionando 3 grupos (só é posible inscribirse nun grupo):
- Venres de 16.00 a 18.00 horas
- Sábados de 11.30 a 13.30 horas
- Domingos de 11.30 a 13.30 horas
O Concello de Oleiros facilitará a táboa, o traxe de neopreno e a licra para a actividade.
Para darse de baixa no programa, deberase presentar a solicitude da mesma por rexistro antes do día 20 do mes anterior ao que desexa causar baixa.
Escola Municipal de Surf