Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Formación e Emprego
Portada » O Concello » Concellería de Deportes, Turismo, Promoción Económica e Formación e Emprego » Formación e Emprego » Promoción Económica » Axudas PEL-Reactiva

AXUDAS PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DE PROFESIONAIS AUTÓNOMOS E MICROEMPRESAS DE OLEIROS - PROGRAMA “PEL REACTIVA”

 

 O Concello de Oleiros convoca un programa de axudas a persoas profesionais autónomas e microempresas que tivesen afectada a súa actividade como consecuencia da pandemia do COVID-19. Iste programa de axudas está cofinanciado pola Deputación de A Coruña e ten como obxectivo principal mitigar os efectos negativos que están sufrindo istes profesionais e tratar así de garantir a continuidade e viabilidade económica da súa actividade tras a crise do COVID-19, contribuíndo á xeneración de emprego e actividade económica.

            Ditas axudas van dirixidas a persoas profesionais autónomas con ou sen traballadores ao seu cargo e microempresas que teñan o seu domicilio fiscal en Oleiros e se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:

 -       Grupo I: Que se visen afectados por peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma e a súa modificación aprobada no RD 465/22020, do 17 de marzo.

-       Grupo II: Que non se visen afectados por peche, pero cuxa facturación no 2º trimestre fiscal de 2020 se vira reducida polo menos nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior ao estado de alarma.

-       Grupo III: Que se visen na obriga de acollerse a un ERTE (Expedente de Regulación Temporal de Emprego).

            A contía das axudas vai dende os 1500 € ata os 3000€ dependendo das circunstancias de cada autónomo ou empresa e do número de traballadores afectados.

            O prazo previsible de presentación de solicitudes vai dende o día 10 ata o 25 de novembro de 2020.

            Tódalas persoas interesadas poden contactar co Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo” nos teléfonos 981610319 ou 981631706.

Bases

 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza