Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Formación e Emprego
Portada » O Concello » Concellería de Deportes, Turismo, Promoción Económica e Formación e Emprego » Formación e Emprego » Información xeral
   
Información xeral

« Atrás

Acceso á Administración Pública

As diferentes Administracións públicas (concellos, comunidades autónomas, administración central,...) son unha importante fonte de emprego e ofrecen regularmente postos de traballo nas ocupacións máis diversas (ensino, sanidade, transporte, traballo administrativo, etc.)

Ao emprego público accédese mediante:

  • Oposición: as notas obtidas en un ou en varios exames son ó único criterio para outorgar prazas ós participantes. Esta é a forma de acceso máis habitual.
  • Concurso de méritos: as bases da convocatoria establecen cal é o baremo para valorara os diferentes méritos que se consideran válidos.
  • Concurso-oposición: mestura das dúas anteriores: obtense unha puntuación pola valoración de méritos e engádese a puntuación obtida na oposición.

É importante coñecer todo o proceso para acceder ao emprego público. Ler máis ...

Antes de comezar a preparar unha oposición debes saber como as podemos clasificar, de cara a elixir a máis axeitada. Ler máis ...

Tamén temos que ter en conta que existen oposicións que requiren unha titulación específica coma, por exemplo, a de  auxiliar de enfermería, a de avogado do estado, etc.

Para participar nas distintas formas de acceso ás Administracións Públicas hai que estar ben informado da convocatoria, que estea actualizada e completa; é importante consultar sempre as fontes oficiais e informarse ben sobre a documentación que hai que presentar e os prazos dos que se dispón.

Os contratos coa Administración poden ser indefinidos ou temporais e estar suxeitos á normativa laboral (Estatuto dos Traballadores) ou ben á normativa administrativa (Lei da Función Pública); no primeiro caso falaremos de persoal laboral e no segundo de persoal funcionario.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza