Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Formación e Emprego
Portada » O Concello » Concellería de Deportes, Turismo, Promoción Económica e Formación e Emprego » Formación e Emprego » Información xeral
   
Información xeral

« Atrás

Currículum Vitae e carta de presentación para Internet

Para a utilización destes documentos en Internet existen algunhas consideracións que se analizan a continuación:
 
Para o Currículum Vitae (CV)

Cando o documento que se vai enviar, como autocandidatura, por correo electrónico a unha ou varias empresas:

Neste caso, o modelo podería ser o mesmo que se utiliza en soporte papel. Hai que adxuntalo como documento, nunca copialo directamente no corpo da mensaxe. Do  que se trata é de que a mensaxe actúe como "carta de presentación".

O documento do CV é moi importante que sexa un arquivo que poida gardarse e imprimirse, tendo a precaución de envíalo nun formato común (como pode ser Word ou similar) para que non ofreza problemas ao abrilo.

Por último, protexer o documento, bloqueándoo cunha clave para que non poida ser manipulado.

Cando se colga nun portal de emprego:

Neste caso, realízase un tabulado; é dicir, recheanse os campos dentro dun formulario. É así para facilitar á empresa reclutadora facer unha busca por campos. A criba faina unha máquina e esto hai que telo en conta á hora de redactar o contido.

Algúns portais de emprego ofrecen a posibilidade de destacar, utlizando "palabras clave". algúns aspectos dos datos colgados. Naide millor ca propia persoa interesada para saber cal lle interesa destacar.

Para a carta de presentación

Non é conveniente que sexa un documento adxunto xa que obrigamos a quen reciba o envío a un traballo engadido (abrir a carta de presentación e o CV).

No "asunto" da mensaxe convén expoñer a máxima información coas menos palabras posibles.

Por exemplo:

Asunto: CV Pepe López. Oferta: Empregado administrativo para o departamento de persoal.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza