Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Formación e Emprego
Portada » O Concello » Concellería de Deportes, Turismo, Promoción Económica e Formación e Emprego » Formación e Emprego » Información xeral
   
Información xeral

« Atrás

Ensinanzas de réxime especial

Ensinanzas de idiomas

Teñen por obxecto capacitar para o uso adecuado dos diferentes idiomas. Organizanse en tres niveis:

  • básico
  • intermedio
  • avanzado

Para acceder a elas será requisito ter 16 anos cumpridos no ano que se inicien os estudos. Tamén poderán acceder os maiores de 14 aos para seguer as ensinanzas dun idioma distinto do cursado na ESO.

Os niveis intermedio e avanzado serán impartidos nas Escolas Oficiais de Idiomas.

Na de A Coruña pódense estudar alemán, árabe, chinés, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés.

O título de bacharelato habilitará para acceder directamente aos estudos de idiomas de nivel intermedio da primeira lingua estranxeira cursada no bacharelato.

Ensinanzas deportivas

Teñen como finalidade preparar para a actividade profesional en relación cunha modalidade ou especialidade deportiva.
As ensinanzas deportivas organizanse en bloques e módulos, de duración variable, constituidos por áreas de coñecementos teórico – prácticas. Estruturanse en dous graos: medio e superior.

  • Grao medio:
    • Para acceder ao grao medio será necesario o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e superar unha proba (específica).
    • Se non se dispón do título da ESO, pero se teñen 17 anos, tamén se pode acceder superando unha proba de madurez, ademais da específica.
    • Os que superen esta formación recibirán o título de Técnico Deportivo na modalidade ou especialidade que corresponda.
  • Grao superior:
    • Para acceder ao grao superior será necesario o título de Bacharelato e o de Técnico Deportivo, na modalidade correspondente. Nalgunhas modalidades, será necesario tamén superar unha proba ou acreditar méritos deportivos.
    • Tamén existe unha proba de acceso para os que non dispoñan de Bacharelato, pero deben ter 18 anos de idade.
    • Os que superen estas ensinanzas recibirán o título de Técnico Deportivo Superior na especialidade que corresponda. Permitirá o acceso a determinados estudos universitarios.

Ensinanzas artísticas

Teñen como finalidade proporcionar unha formación artística de calidade e garanter a cualificación dos futuros profesionais da música, a danza, o arte dramático, as artes plásticas e o deseño.

Son ensinanzas artísticas as siguintes:

  1. As elementaris de música e danza.
  2. As ensinanzas artísticas profesionais:
    • ensinanzas profesionais de  música e danza.
    • graos medio e superior de artes plásticas e deseño.
  3. As ensinanzas artísticas superiores:
    • estudos superiores de música e danza
    • as ensinanzas de arte dramático
    • as de conservación e restauración de bens culturais
    • os estudos superiores de deseño
    • os estudos superiores de artes plásticas, que inclúen os estudos superiores de cerámica e os de vidro

Ver tipos de ensinanzas artísticas

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza