Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Deportes  
Portada » O Concello » Concellería de Deportes, Turismo, Promoción Económica e Formación e Emprego » Deportes
   
NOVAS

« Atrás

XXIX Tríatlon Concello de Oleiros 12 maio

 Clasificación 2018

Organiza:

Concello de Oleiros

Correo electrónico: deportes@oleiros.org

Teléfono: 981 610 000 

Colaboran:

Federación Galega de Tríatlon

Protección Civil do Concello de Oleiros

Policía Local do Concello de Oleiros

Garda Civil de Tráfico 

Data e horario da carreira:

Sábado 12 Maio 2018

Saída ás 16:00 h 

Distancia:

Para todas as categorías, sprint:

750 m de natación – 21 Km en bicicleta – 5,5 Km de carreira a pé 

Participación:

Neste tríatlon poderán participar: 

  • Todos os deportistas federados na Federación Galega de Tríatlon.
  • Aquelas persoas que fagan licenza dun día (achegando copia do DNI).
  • Para os efectos de control organizativo o número máximo de participantes será de 200. 

Categorías (H/M):

Cadete (2001-2003), Xuvenil (1999-2000), Sub-23 (1995-1998, Absoluto (1979-1994, Veterán 1 (1969-78), Veterán 2 (1968 e anteriores)

Calendario de inscrición 

  • Do mércores 7 de marzo ás 10:00 horas ata ó mércores 14 de marzo ás 13:00h, abrirase o prazo de preinscrición na web municipal do Concello de Oleiros www.oleiros.org, Concellería de Deportes. É necesario achegar os seguintes datos: nome, apelidos, NIF, data de nacemento, categoría, teléfono, enderezo electrónico, enderezo postal (rúa, número, piso, código postal, municipio, provincia), tamaño de camiseta e nome do club ou no seu caso, non federado.
  • A organización reservará 20 prazas para triatletas das categorías cadete e junior, e 30  prazas para mulleres.
  • O 15 de marzo publicarase a listaxe de persoas preinscritas, na web municipal.
  • O 16 de marzo ás 10:00 h farase un sorteo público na Fábrica, no caso de haber máis solicitantes que prazas.
  • O 19 de marzo publicarase a listaxe provisional na web municipal.
  • Do 22 ao 28 de marzo (inclusive) será o prazo de pagamento e envío de xustificante. Os/as 200 agraciados/as no sorteo recibirán un correo electrónico cos pasos a seguir. As persoas non federadas para facer a licenza dun día deberán achegar ademais a copia do DNI (O Concello de Oleiros correrá cos gastos da tramitación). O custo orientativo da inscrición para todos os participantes é de aproximadamente 15 euros. Agás por causa imputable á Administración, non se fará a devolución do prezo público. 

Saída, boxes e meta:

No parque A Lagoa de Mera, situado detrás da praia de Mera. 

Recollida de dorsais:

Entrega de dorsais o mesmo día da proba de 13:00 a 15:00 h no parque A Lagoa de Mera.

Control de material de 14:45 a 15:30 h. 

Hora de remate da proba: ás 18:00 horas aproximadamente. 

A cronometraxe da proba realizarase por medición electrónica, todos aqueles que teñan o Champion Chip amarelo o poden usar. 

Premios:

Nas categorías absolutas (H/M) premiarase cun trofeo ao campión e unha tarxeta-agasallo por valor de 100 €, para adquisición de material deportivo nunha  cadea de tendas deportivas ( a informar). O segundo e terceiro clasificado obterán a correspondente medalla polo posto acadado.

Nas restantes categorías tamén se entregarán  medallas aos tres primeiros clasificados.

A entrega de premios farase ao remate da proba.

Todos os participantes recibirán un agasallo conmemorativo do XXIX Tríatlon Concello de Oleiros ao tempo que se  sortearán entre todos os que rematen a proba, 5 tarxetas-agasallo por valor de 50 € para invertir en material deportivo. 

Normas de competición:

A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento oficial de competición da Federación Galega de Tríatlon. 

Aparcadoiro:

Poderase aparcar na rúa Tierno Galván ata unha hora antes do comezo da proba. Os vehículos non se poderán retirar deste aparcamento ata que non remate a carreira a pé do último participante. Aparcadoiros públicos en avenida Curros Enriquez despois de boxes e Avenida María Pita antes de boxes (a 500m. da zona boxes). 

Vestiarios:

As duchas estarán situadas no pavillón municipal de Canide, a 1 km da zona de boxes. 

RESULTADOS 2017 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza