Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística
   
NOVAS

« Atrás

O Apalpador chega á Fábrica para recibir o Nadal en galego

Oleiros, 24 de novembro de 2020-. O Apalpador 3.0, da Xanela do Maxín, volve un ano máis a percorrer Galiza repartindo soños e alegrías e fará a súa parada este domingo 29 ás 12h no Auditorio da Fabrica.

Para contar a súa historia une as artes escénicas co audiovisual nun espectáculo de monicreques e narración oral na que se inclúe a creación de videoproxeccións en directo, conxugando a tradición e as novas tecnoloxías nunha proposta versátil para todos os públicos. O obra está baseada no libro O Apalpador e a nena sen medo e está recomendado para crianzas de 3 a 6 anos.

A entrada é gratuíta, mais hai que reservala facendo a inscrición a través do formulario habilitado, que estará aberto desde as 10h00 do día de hoxe ata as 14h00 do venres 27 de novembro, ou ata completar o aforo permitido que actualmente é dun máximo de 30 persoas. Por este motivo, pedimos que só acuda 1 persoa adulta por cada unidade familiar co obxectivo de priorizar a asistencia das crianzas.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza