Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística
   
NOVAS

« Atrás

Teatro de APEGO-sábado 28 de novembro na Fábrica

Oleiros, 23 de novembro de 2020-. Barquiño de Pau, da Tropa de Trapo, é un espectáculo de teatro de obxectos e música para a primeira infancia no que as crianzas explorarán os sentidos dunha maneira amena. O espectáculo terá lugar este sábado día 28, ás 18h30, no Auditorio da Fábrica e trátase dunha actividade recomendada para nenos e nenas de 0 a 6 anos.

A entrada é gratuíta, mais hai que reservala facendo a inscrición a través do formulario habilitado, que estará aberto desde as 10h00 do día desta publicación ata as 14h00 do venres 27 de novembro, ou ata completar o aforo permitido que actualmente é dun máximo de 30 persoas. Por este motivo, pedimos que só acuda 1 persoa adulta por cada unidade familiar e así priorizar a asistencia das crianzas.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza