NOVAS « Atrás Teatro en Mera o domingo 22 de novembroOleiros, 18 de novembro de 2020-. Un ano despois da súa última representación volve a escena unha das pezas máis divertidas e sorprendentes da escena teatral galega: #camiños, de ButacaZero en coprodución co Centro Dramático Galego. Encadrada dentro do marco do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, que naceu como axuda ao sector por mor da Pandemia.
A peza poderá verse no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera (Oleiros) o vindeiro domingo 22 de novembro, ás 20h. Texto Esther F. Carrodeguas Dirección Xavier Castiñeira Sinopse. Carolina viaxa de cara aos EEUU. Daiana, neta dunha emigrada galega, volve da Arxentina. Comparten asento no aeroporto. E entre elas, debúxanse milleiros e milleiros de #camiños. Camiños que unen as aldeas coa cidades, os poemas de Rosalía coa música electrónica, o spinning co churrasco, e as fotos viradas sepia coas que acabamos de colgar en ínstagram… Camiños que unen o que fomos e o que desexamos ser. Duración 75 minutos Público maiores de 12 anos Entrada gratuíta Elenco Noelia Blanco, Noa Covelo, Celina Fernández e Pia Nicoletti, Esther F. Carrodeguas Escenografía Xavier Castiñeira Vestiario Diego Valeiras e ButacaZero Asesoramento corporal Alba Blanco Iluminación Javi Quintana Audiovisuais Fran X. Rodriguez Coprodutores Centro Dramático Galego (CDG) Residencia técnica salón teatro do 15 ao 23 de xaneiro de 2018 En atención ás indicacións e medidas de seguridade e hixiene fronte ao COVID-19, todos os espectáculos terán aforo limitado e será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización. |