Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística
   
NOVAS

« Atrás

Convócase o VII Premio Literario Descubrindo Oleiros

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros convoca o VII Premio Literario Descubrindo Oleiros, unha proposta que busca promover o uso da lingua galega e dar a coñecer o municipio. Este premio está orientado a todos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e de ESO empadroados/as ou escolarizados/as no Concello de Oleiros, establecéndose catro categorías, unha por cada ciclo.

Os relatos estarán ambientados en Oleiros e escritos en lingua galega. Os espazos do municipio poden aparecer en fotografías, imaxes, debuxos ou simplemente aparecer citados. Os premios que se concederán serán produtos electrónicos que fomenten a creatividade.

O prazo de presentación remata o 22 de decembro.

As persoas que estean interesadas en participar poderán consultar as bases no enlace habilitado ou poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros (A Fábrica, rúa do Inglés, nº 13, 15172, Perillo, Oleiros) por vía telefónica (981 610 000) ou por correo electrónico (a.lema@oleiros.org).

Bases do VII Premio Literario Descubrindo Oleiros

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza