Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística
   
NOVAS

« Atrás

O Día das Letras Galegas nas redes

“Eu desexaria unhas primaveras nas que florescese sen receios a unidade e variedade do noso idioma e da nosa cultura”
Ricardo Carvalho Calero
 
Con esta frase e con outras moitas, o profesor don Ricardo Carvalho Calero descríbese a si mesmo, un loitador incansable, un traballador pola nosa lingua e a nosa literatura, unha das persoas que máis ten reflexionado sobre a situación lingüística. Carvalho Calero foi unha das persoas que máis se ten preocupado polo futuro da lingua, pola súa normalización e a súa normativización.
“Mal podemos atingir umha norma ajeitada para estandardizar a nossa fala, se nom conseguimos antes que realmente essa fala seja a nossa”
Este ano desde o Concello tiñamos unha extensa programación preparada para todas as idades, mais debido á situación, adiamos esas actividades para os vindeiros meses, sabendo que este 2020, vai ser marcado pola celebración das Letras nas redes. Desde o luns estamos a compartir no Facebook algunhas destas propostas que reunimos hoxe para dar a coñecer a figura de Ricardo Carvalho Calero, sen esquecer que unha personalidade das súas características e coa relevancia que tivo tanto na nosa lingua, como no estudo da nosa literatura, debería de volver ter unha celebración das Letras Galegas en 2021.
Algúns enlaces de interese:
Para os nenos e nenas:
- Primavera das Letras: é unha páxina da Real Academia Galega que recolle actividades, descargables, xogos intereactivos para dar a coñecer a figura de Ricardo Carvalho Calero dun xeito divertido.
- Os Bolechas, as miñas primeiras Letras: descobre cos Bolechas quen era Ricardo Carvalho Calero.
- Ademais, na páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística recóllense múltiples propostas do alumnado e diferentes recursos.
Para adultos/as:
- Queremos achegarvos toda a información relativa ás Letras Galegas elaborada pola Real Academia Galega: a súa historia, as persoas homenaxeadas e sobre todo, a biografía, obra e entrevistas relativas a Carvalho Calero, así como o apartado Unha palabra para don Ricardo.
- Vieiros de esperanza: documental biográfico realizado en 2014 que nos dá a coñecer a figura de don Ricardo Carvalho Calero e a súa relevancia no estudo da lingua e da literatura galega.
- Carvalho 2020: páxina de Agal, coa que colaboran a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia que reúne recursos, unidades didácticas e unha extensa información para achegar o profesor Carvalho Calero a todas e todos. 
Hai moitas máis propostas que se deben destacar, libros, vídeos, interpretacións musicais…, unha chea de recursos que están ao alcance de todas e todos nas redes e que esperemos que pronto poidamos gozar deles en teatros, auditorios e diferentes equipamentos municipais.
 
Biografía
Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol, en 1910, onde viviu sendo o maior de seis irmáns e quedou orfo de nai con tan só 8 anos, feito que o marcaría como el mesmo recoñece. Nesta cidade pasa a súa infancia e adolescencia, realiza os seus estudos primarios e secundarios e xa comeza a escribir os seus primeiros textos.
En 1926 comeza os seus estudos de Dereito na Universidade de Santiago, destacou no movemento estudantil e entrou en contacto co Seminario de Estudos Galegos, entrando así en contacto coas principais figuras do galeguismo. Colaborou na revista Nós e xa en 1931 publica na editorial Nós a súa primeira obra Vieiros.
Nese mesmo ano fúndase o Partido Galeguista, ao que Carvalho pertence e o único partido que o representará o resto da súa vida.
Xa de volta a Ferrol, continuando alí a súa actividade política, decide estudar por libre a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, compaxinando os seus estudos co traballo no Concello de Ferrol, onde aprobou unha oposición ao corpo administrativo.
En 1933 casa coa muller da súa vida, María Ignacia Ramos, coa que terá dúas fillas.  
En 1936 remata a carreira de Filosofía e Letras e marcha a Madrid a presentarse a unhas oposicións para o corpo de profesorado, mais a guerra sorpréndeo alí e tamén alí sabe do nacemento da súa primeira filla.
Pasa a guerra defendendo o goberno republicano en Madrid, Valencia e Xaén, onde ao finalizar a guerra é condenado a 12 anos de cárcere. Durante estes anos non abandona a súa escrita. Aos dous anos volve a Galicia, con liberdade condicional, sen poder exercer de profesor.
Vai ser esta época moi prolífera na súa escrita publicando obras teatrais como Isabel, A sombra de Orfeu, Farsa das zocas e A árbore, así como poesía Anxo de terra e Poemas pendurados de un cabelo.
Participa nun concurso da Editorial de los Bibliófilos Gallegos coa obra A xente da Barreira e resulta premiado en 1950.
Nese mesmo ano, Antonio Fernández López crea o colexio Fingoi, destacando pola renovación pedagóxica e ofrécelle a Carvalho ser o director. O seu labor de director non o afasta da investigación, nin da súa involucración en proxectos culturais como na editorial Galaxia, ingresa na Real Academia en 1958 e vai ser nesta época cando comeza a escribir a súa obra universal, Historia da literatura galega contemporánea.
En 1965 marcha a Santiago a exercer de profesor de Lingua e Literatura Galega na Universidade e de Lingua Española e Literatura no Instituto Rosalía de Castro, converténdose en 1972 no primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega.
Vai ser importante a achega de Carvalho á elaboración dunhas normas ortográficas para a lingua, en 1966 publicou Gramática elemental del gallego común, en 1971 a Real Academia publica Normas Ortográficas e Morfológicas, redactadas por Ricardo e no 1979 vai ser a Xunta quen lle pida que presida unha comisión para elaborar unhas normas, dando visibilidade as dúas tendencias, a reitegracionista e a isolacionista.
En 1980 xubílase, mais sen abandonar a súa escrita, o seu labor cultural e a súa implicación na procura dunha mellor situación da nosa lingua, mais a súa postura reitegracionista vaino afastar de moitos amigos e non obterá o recoñecemento que merece. En 1987 publica Scórpio, un romance autobiográfico que foi recibido con moi boa acollida pola crítica.
En 1990 morre en Santiago deixando unha extensa obra e unha importante preocupación pola situación lingüística, mais deixando unha importante pegada en moitos dos que foran os seus alumnos e alumnas.
E agora som um velho patrom que
se senta ao sol no banco de um passeio.
A minha vida fica atrás. Foi minha?
Quem fum outrora?
                  Reticências, Carvalho Calero
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza