Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística
   
NOVAS

« Atrás

Para celebrar o Día do Libro recomendamos a lectura dos relatos do Premio Literario Descubrindo Oleiros

Hoxe 23 de abril é o Día do Libro, esta data conmemora a morte de Miguel de Cervantes e a de Shakespeare, pois os dous morreron o 23 de abril de 1616, mais no caso de Shakespeare segundo o calendario xuliano, polo que aínda que non morreron o mesmo día, así se considera xa que era o calendario vixente no momento en Inglaterra.
Para celebrar esta data desde o Servizo de Normalización Lingüística queremos recomendarvos a lectura dos relatos premiados este ano no Premio Literario Descubrindo Oleiros. Un premio que promove a lingua, a creatividade, fomenta a lectura e dá a coñecer o noso municipio.
Este ano, as persoas galardoadas foron Kyra Saavedra Escalante, de 3º de primaria do CEIP Luís Seoane, polo conto A gata Ágata; de María González Blanco, de 4º de primaria do CEIP Luís Seoane, polo texto As sete aventuras; Inés Santiago García, de 5º de primaria do CEIP Luís Seoane polo conto O carballo e a cadela Pepa; Pablo Rodríguez Gagino, de 6º de primaria do CEIP Isidro Parga Pondal, polo relato O xardín encantado; Andrea González López, de 2º de ESO do IESP Xosé Neira Vilas, polo o texto Noutra vida; Elena Fernández Vázquez, de 2º de ESO do IESP Xosé Neira Vilas polo texto Un día máis en Oleiros.
Ademais, para os máis pequenos e pequenas da casa recomendámosvos os Contos contados de Kalandraka.tv para as familias con nenos e nenas de 1 a 6 anos. Unha selección dos contos que máis gustan, un traballo excepcional e que Kalandraka e as persoas contadoras comparten con todos nós.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza