Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística
   
NOVAS

« Atrás

TEATRO INFANTIL EN MERA-Venres 27 de decembro

O venres 27 de decembro, ás 18.00 horas, Malasombra Producións presenta o espectáculo Os fabulosos cleaners.

Autoría: Luis Beviá e Xoque Carbajal

Dirección: Marcos Orsi e Xoque Carbajal

Sinopse: Os Fabulosos Cleaners é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha extraordinaria experiencia visual para participar toda a familia. Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as múltiples posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas. O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.

Elenco: Xoque Carbajal e Jouse García

Duración: 60 minutos

Público: Todos os públicos. Recomendada a partir de 3 anos

Prezo: 2,50 euros (As entradas poñeranse á venda a partir das 17.00 horas, ata completar a capacidade da sala)

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza