Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística
   
NOVAS

« Atrás

A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística programa teatro infantil para este Nadal

O 26 e o 27 de decembro o Auditorio Gabriel García Márquez recibe dúas obras de teatro para os máis pequenos organizadas polo Departamento de Cultura e o Servizo de Normalización Lingüística.

O xoves 26 de decembro, ás 18.00 horas, Talía Teatro presenta Lambetadas.

Este espectáculo está organizado por Deleite, coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística.
O traballo de creación baséase en textos de varios autores (Santiago Cortegoso, Sechu Sende e María Canosa), que son levados a escena baseándose no universo do clown e nas técnicas do teatro de obxectos.
Sinopse: Dous personaxes excéntricos entran en escena. Como non saben quen son, nin de onde veñen, nin cara a onde van, non lles queda máis remedio que coñecérense, tanto un ao outro como a eles mesmos. O que descobren é que para atopar a súa identidade deberán saber o que lles pasa ás súas linguas. Porque sen unha lingua propia chea de saúde non se poden lamber as lambonadas, que é o máis rico que hai. Hai linguas e linguas. E non hai unha igual ca outra. Iso si: cada quen lambe coa súa. Porque se tes unha lingua tes que empregala. E vale para lamber calquera cousa. E para falar de calquera cousa. E en calquera situación. Porque todas as linguas valen para o mesmo. Para entenderse. Para comunicarse. Para dicir o que cada quen queira dicir.
Dirección: Santiago Cortegoso
Elenco: María Ordóñez e Diego Rey
Duración: 45 minutos
Idade recomendada: de 6 a 11 anos
Prezo: A entrada é gratuíta ata completar a capacidade da sala, con invitación que poderá recollerse desde as 17.00 horas no despacho de billetes do auditorio.

O venres 27 de decembro, ás 18.00 horas, Malasombra Producións presenta o espectáculo Os fabulosos cleaners.

Autoría: Luis Beviá e Xoque Carbajal
Dirección: Marcos Orsi e Xoque Carbajal

Sinopse: Os Fabulosos Cleaners é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha extraordinaria experiencia visual para participar toda a familia. Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as múltiples posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas. O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.

Elenco: Xoque Carbajal e Jouse García
Duración: 60 minutos
Público: Todos os públicos. Recomendada a partir de 3 anos
Prezo: 2,50 euros (As entradas poñeranse á venda a partir das 17.00 horas, ata completar a capacidade da sala).

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza