Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística
   
NOVAS

« Atrás

TEATRO EN MERA O SÁBADO 9 DE NOVEMBRO

O Sábado 9 de novembro ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera Acusmaser Opus presenta o espectáculo O montacargas

Autoría: Harold Pinter
Dirección: Evaristo Calvo
Sinopse: Nesta obra, os dous protagonistas agardan ordes dunha entidade superior para acometer o seu traballo. Ben agarda pacientemente, pero Gus está inquieto e incómodo. Cuestiona o seu superior, un tal Wilson, ao que non vemos, e lanza continuas preguntas ao seu compañeiro. Ben vaise incomodando progresivamente ata acabar por botarlle as mans ao seu molesto parceiro. Para rematar, chéganlles ordes absurdas por medio de notas transferidas nun pequeno montacargas de hostalería disposto nunha das paredes do cuarto que habitan. Unha desas ordes será a da eliminación física dun ser humano.
Nesta comedia que se desenvolve nun cuarto os seus protagonistas manifestan a confusión propia de quen dá voltas nunha rotonda e non sabe que camiño elixir; o camiño que vai ou o camiño que volve.
Elenco: Federico Pérez, Santi Romay e Evaristo Calvo
Xénero: comedia
Duración: 60 min
Público: maiores de 12 anos

Prezo: 3,50 euros. As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza