Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística
   
NOVAS

« Atrás

O luns abre o prazo para inscribirse no espectáculo Bichocas

Este luns, 4 de novembro, abre o prazo para inscribirse no espectáculo Bichocas. Esta actividade, que forma parte da programación de Apego, desenvolverase na Casa da República o vindeiro sábado 9 de novembro, una sesión ás 17.30 e outra ás 18.30 h.

Bichocas é un espectáculo dedicado á primeira infancia, para nenos e nenas de 0 a 3 anos, onde os obxectos e a palabra nos fan viaxar a través do mundo animal. As protagonistas das nosas historias aprenderán nesta viaxe a importancia de seren diversas e a posibilidade de compartir coas demais os seus afectos.

As persoas interesadas poderán inscribirse a través do formulario habilitado, a partir das 10.00 horas do luns a través dos seguintes enlaces:

Para as 17.30 h: https://forms.gle/EnLgfyZtUYWEjSVZ9
Para as 18.30 h: https://forms.gle/pomW7VShKG8DZVRVA

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza