NOVAS « Atrás RÚA EXT-CÉNICA 2019. III FESTIVAL DAS ARTES ESCÉNICAS NA RÚADo 12 ao 14 de xullo, terá lugar a terceira edición do Festival de Artes Escénicas de Rúa, máis coñecido como RÚA EXT-CÉNICA.Trátase dun festival de promoción e difusión das artes escénicas e musicais na rúa destinado a público xeral, con espectáculos para público familiar e para adultos, e entrada de balde.O Festival pretende que as propostas programadas saian ao encontro co público, en espazos non convencionais. A rúa, entendida como un espazo aberto onde a cidadanía constrúe a súa vida cotiá, é cultura e a cultura está na rúa. Prazas, xardíns, paseos e outros espazos públicos singulares do Concello servirán de escenario para artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas: música electrónica, circo, danza contemporanea, teatro de rúa,…que intentarán transformar a rúa nun escenario propicio onde provocar a interacción social co público asistente nun ambiente festivo.Para consultar o programa preme aquí
|