Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística
   
NOVAS

« Atrás

VI FOLIADA TRADICIONAL

O Departamento de cultura organiza o vindeiro domingo 2 de xuño a partir das 13.00 horas unha nova edición da súa foliada tradicional. Esta actividade pretende ser un punto de encontro das diferentes agrupacións folclóricas existentes no concello. O obxectivo principal é fomentar o espíritu de convivencia entre elas e que compartan nun ambiente festivo e distendido experiencias, inquedanzas e novos proxectos. Para as persoas asistentes organizarase un xantar e durante toda a tarde todas as persoas que o desexen poderán unirse libremente a bailar e a cantar cos grupos. A tarde rematará cunha queimada popular. A xornada estará acompañada de xogos tradicionais e de dous obradoiros, un de olería e outro de artesanía en madeira.

Estas serán as agrupacións participantes na edición deste ano: Os Rueiriños de Nos, o Grupo de Baile e Gaitas Santaia de Santa Cruz, a Agrupación folclórica Folliñas de Oleiros, A Marola, de Mera, O Amanexo, de Dexo, Semente Nova, de Perillo e Frouma

A foliada terá lugar no parque do centro cultural As Torres de Santa Cruz. 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza