Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística
   
NOVAS

« Atrás

Concerto de Vita Ivaskevica na Fábrica

Dentro do V Ciclo de Música "Voces Cálidas para noites de inverno " o sábado 17 de febreiro ás 20:30 horas no Auditorio da Fábrica, en Perillo, terá lugar o concerto de Vita Ivaskevica. RED VITA.

Con procedencia letona-rusa RED VITA é unha cantautora que empezou a escribir a súa propia música aos 18 anos e canta en cinco idiomas. Entre 2000 e 2009 crea dúas formacións ¨Soli Deo Gloria¨ e ¨IVA, un proxecto creado despois dos seus estudos de música en Santa Fe (EEUU), onde descobre o bluegrass e o son acústico da mandolina, que incluirá no seu primeiro disco ¨Desert Gardens¨. O seu primero single ¨Highway¨ logra o recoñecemento do público letón e chega a ser número 1.
Ao mudarse a Galicia, RED VITA inicia novos proxectos, máis persoais, e sigue compoñendo e viaxando por distintas culturas e linguaxes da música.
Nesta ocasión a súa voz e guitarra estará acompañada por Rafa Otero (guitarra e voz) e Noli Torres (batería e percusión).

Prezo: 2,50 € (As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala).

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza