Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística
   
NOVAS

« Atrás

ANDARES POR GALICIA. A CULTURA DA NATUREZA

A partir do mes de febreiro o Departamento de Cultura comenza co seu programa de saídas culturais Andares por Galicia, a cultura da natureza, un programa de saídas e rutas culturais pola nosa comunidade autónoma co fin de dar a coñecer, protexer e revalorizar a natureza e a nosa contorna coma patrimonio cultural.

O programa arranca cunha excursión ao Entroido na Limia o domingo 19 de febreiro, domingo corredoiro en Xinzo, e que inclúe dúas visitas guiadas ao Museo do Entroido de Xinzo de Limia e ao Museo etnográfico de Vilar de Santos.

Ao longo do ano inclúense ademais neste programa catro etapas do Camiño de Santiago, que dan continuidade ás dúas etapas realizadas no ano 2016, e algunhas outras saídas e excursións de interese cultural e ambiental, con visitas a pobos e cidades, visitas guiadas a distintos museos e tamén andainas por espazos protexidos e zonas de especial conservación, áreas de gran interese medioambiental para a conservación da diversidade.

As prazas serán limitadas. Ofertaranse 40 prazas para cada unha das saídas, con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

Todas as saídas están dirixidas a persoas maiores de idade, contemplando a posibilidade de inscrición de menores de idade sempre e cando vaian acompañados/as dun adulto/a e valorando a súa participación en función do grao de dificultade de cada ruta.

Para solicitar información e formalizar as inscricións contactar co Departamento de Cultura, no centro cultural A Fábrica (Perillo),  persoalmente, a través dos teléfonos 981 636 598 ou 981 610 000 (ext. 4915 e 4916) ou por correo electrónico a cultura@oleiros.org ou r.caparros@oleiros.org.

Para consultar o programa preme aquí.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza