Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística
   
NOVAS

« Atrás

Este domingo as familias do Apego gozarán da contada Os tres porquiños de Bea Campos

Este domingo 24 de outubro de 2021, ás 12.00 h, na Fábrica hai una contada para os máis pequeniños e pequeniñas, Os tres porquiños. Bea Campos fai esta sesión de contos con títeres, e cancións para bebés na que se integran a expresión dramática, os títeres e a tradición oral.

Unha proposta sinxela a partir dun dos clásicos da literatura infantil perfectos para introducir os máis cativos no marabilloso mundo dos contos desde os seus primeiros meses de vida ata os seis anos.
 
As persoas interesadas poden facer a inscrición desde o 18 de outubro ás 10.00 h, a través do seguinte enlace: https://forms.gle/sa6zQWyvbJneFW4x7. Terán preferencia as familias do Apego de Oleiros os dous primeiros días de inscrición e despois, as persoas empadroadas, por rigorosa orde de inscrición atendendo a estes dous criterios.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza