Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística
   
NOVAS

« Atrás

Comeza o obradoiro Cartografías da palabra, lugar e paisaxe

Este martes 19 de outubro comeza o obradoiro Cartografías da palabra, lugar e paisaxe, que terá lugar os martes 19 e 26 de outubro e 2 e 9 de novembro, de 19.00 a 21.00 h no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo.

Este obradoiro propón reparar no territorio, nomealo desde a propia experiencia, acudir á memoria individual e colectiva, ata convertelo no centro da escrita. Nos encontros, atendendo á ollada de cada participante e ás súas vivencias en Oleiros, crearemos un mapaliterario que emoción e territorio irán da man. A palabra escrita será a ferramenta coa que darlle forma.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza