Tarabela Creativa presenta Tabú o sábado 19 de novembro ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera.
Tabú é o novo espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.
Un espectáculo de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.
Un tendal para poñer ao clareo todas as intimidades.
Narración oral e creación: Carmen Conde
Música ao vivo: Nastasia Zürcher ou Su Garrido Pombo
Duración: 90 minutos
Público: xuvenil e adulto
TEATRO EN MERA O SÁBADO 19