Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística
   
NOVAS

« Atrás

O SNL organizou varias actividades nos centros de ensino esta semana

A semana das Letras Galegas encheron os centros de ensino de actividades para festexar esta data, dar a coñecer a Florencio Delgado Gurriarán e coñecer diferentes propostas da nosa cultura.

No CEIP Luis Seoane  e o CEIP A Rabadeira o alumnado puido gozar das xincanas  de Xandobela Quen dis que era?, onde o alumnado foi coñecendo a Florencio Delgado Gurriarán dun xeito divertido. O martes terán a ocasión de realizar esta actividade o alumnado do CEIP Juana de Vega.

O IES María Casares gozou de varias actividades organizadas polo Equipo de Dinamización do centro para promover o uso da lingua o 18, 19 e 20 de maio, entre as que destacan os obradoiros Versos en pegatina, de Apiario, que xa se realizaron noutros centros de ensino; os obradoiros de Regueifas, desenvolvidos por Lupe e a actuación de Xoana, quen ademais de interpretar varios dos seus temas faloulle ao alumnado da importancia de realizar a súa carreira musical en galego.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza