O vindeiro 21 de maio terá lugar unha nova edición do Programa Andares por Galicia, organizado polo Concello de Oleiros, coa Ruta pola serra do Barbanza: Castelo de Vitres á Curota
Este Programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.
Todas as saídas contarán con 3 monitores/as especializados/as e están dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 22 euros.
Ofertaránse 40 prazas para cada unha das saídas, con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros e adxudicaranse as prazas por rigorosa orde de inscrición a partir do martes 11 de maio ás 10.00 horas no seguinte formulario:
INSCRICIÓN BARBANZA
RUTA POLA SERRA DO BARBANZA: CASTELO DE VITRES Á CUROTA |
Sábado, 21 de maio de 2022 Punto inicio: Brazos (Boiro) Punto final: A Curota (A Pobra) Distancia aprox.: 16,5 km Dificultade: media-alta |
PUNTOS DE INTERESE - Río Coroño: pasais do río - Aldeas a pé de monte: Mosquete - Calzada empedrada ao Castelo de Vitres - Castelo de Vitres (ruínas) - Río Barbanza - Serra do Barbanza - Megalitismo: Casarota do Fusiño, Arca do Barbanza, … - Ponte da Portela - Brañas e paisaxe da serra - Gando libre: vacas e cabalos - Curro e rapa das bestas - Os Forcados - Miradoiro da Curota VISITA CULTURAL: - Centro Arqueolóxico do Barbanza (Castro Neixón – Boiro) |
Para obter máis información é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.
A CULTURA DA NATUREZA. Ruta pola serra do Barbanza: Castelo de Vitres á Curota