Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística
   

NOVAS

     

Teatro no Auditorio de Mera

O vindeiro 6 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera terá lugar a representación de WIFI , unha actuación de fin de curso do grupo estable de Teatro municipal do...

Letras Galegas 2017: O Concello de Oleiros agasalla ao alumnado e ás entidades municipais cun caderno didáctico de Carlos Casares

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello repartirá entre alumnado e as entidades municipais un caderno didáctico de Carlos Casares editado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES María Casares en colaboración co Concello de Oleiros, coordinado por Pepe Taboada e maquetado e ilustrado por Miguel Cuba Taboada. Este proxecto de colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES María Casares comezou en 2010 coa elaboración do caderno de Uxío Novoneyra, e continuou en anos posteriores con autores como Lois Pereiro, Valentín Paz Andrade, Roberto Vidal Bolaño ou Manuel María. Este ano as Letras Galegas dedícanselle a Carlos Casares, un dos precursores da literatura infantil en galego, consagrado novelista, ensaísta e biógrafo ourensán que destacou tamén pola súa faceta política nos anos da transición e comezos da democracia, implicándose de xeito intenso na reivindicación da autonomía para Galicia e na andadura inicial das institucións de autogoberno. O caderno de Carlos Casares componse dunha "Advertencia Preliminar", a modo de prólogo, elaborada por Fernando Díaz-Castroverde Gómez; unha biografía contextualizada realizada por Pepe Taboada Pérez e Fernando Díaz-Castroverde Gómez, unha "Achega á narrativa de Carlos Casares" que se compón dunha pequena escolma narrativa do autor ourensán elaborada por Raquel Guimarei Taibo e Pepe Taboada acompañados dun conxunto de obradoiros prácticos. A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística quere facilitar a difusión da obra do narrador ourensán, polo que agasallará con este caderno ao longo destes días ao alumnado da ESO, bacharelato e FP dos centros de ensino público, ás bibliotecas dos centros e ás entidades culturais do Concello, ademais das persoas que están a participar na programación das Letras Galegas elaborada pola Concellaría. Durante todo o mes de maio celebraremos as Letras con infinidade de actividades lúdico-didácticas para todos os públicos: conferencias, contadas para o alumnado dos centros de ensino, actividades infantís abertas ao público nas bibliotecas, mostras bibliográficas, obradoiros, proxección do documental Contando a Carlos Casares e concertos. Máis información na web do Concello de Oleiros (oleiros.org)

Actividades Verán 2017

Folleto coa información das actividades de verán 2017 do Concello de Oleiros.

Teatro no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera

  O venres 28 ás 21.00 horas e o sábado 29 de abril ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera Condetrespes S.L., presenta o seu espectáculo Menú da noite , escrito e...

Máis de 2000 exemplares do Premio Descubrindo Oleiros serán agasallados ao alumnado oleirense

O Concello de Oleiros agasallará, a finais do mes de abril, ao alumnado dos centros de educación primaria e secundaria do municipio cunha compilación de textos presentados ao Premio Literario Descubrindo Oleiros desde o 2014 até o 2016. Trátase dun conxunto de relatos realizados polo alumnado dos centros de ensino público do concello cuxa temática xira arredor da contorna de Oleiros. Desde o Servizo de Normalización Lingüística agardamos a que cando a esta fermosa publicación chegue ás súas mans, se incremente o número de participantes na seguinte convocatoria de Descubrindo Oleiros no vindeiro ano.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza