O vindeiro 18 de xuño terá lugar unha nova edición do Programa Andares por Galicia, organizado polo Concello de Oleiros, coa Ruta pola Costa da Morte, da Ponte do Porto á Punta da Barca de Muxía.
Este Programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.
Todas as saídas contarán con 3 monitores/as especializados/as e están dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 22 euros.
Ofertaránse 40 prazas para cada unha das saídas, con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros e adxudicaranse as prazas por rigorosa orde de inscrición a partir do martes 7 de xuño ás 10.00 horas no seguinte formulario:
COSTA DA MORTE
RUTA POLA COSTA DA MORTE, DA PONTE DO PORTO Á PUNTA DA BARCA DE MUXÍA |
Punto inicio/: Ponte do Porto (Camariñas)/ Punto final: A Barca (Muxía) Distancia aprox.: 20 km Dificultade: media-baixa |
PUNTOS DE INTERESE - Igrexa Románica e Torres de Cereixo - Praia Lago - Hórreo e reitoral de Dozón - Camiño de Santiago a Muxía - Muíños do río Negro - Merexo - Praia de Area Maior - Igrexa de San Xiao de Moraime - Chorente - Praia de Espiñeirido - Muxía: portos e secadoiros de congro - Punta da Barca: Santuario, Pedra de Abalar VISITA CULTURAL: Igrexa de San Xiao de Moraime |
ANDARES POR GALICIA: Ruta pola Costa da Morte, da Ponte do Porto á Punta da Barca de Muxía.