Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística
   
NOVAS

« Atrás

ANDARES POR GALICIA: Ruta pola Costa da Morte, da Ponte do Porto á Punta da Barca de Muxía.

 O vindeiro 18 de xuño terá lugar unha nova edición do Programa Andares por Galicia, organizado polo Concello de Oleiros, coa Ruta pola Costa da Morte, da Ponte do Porto á Punta da Barca de Muxía.

Este Programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.

Todas as saídas contarán con 3 monitores/as especializados/as e están dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 22 euros.

Ofertaránse 40 prazas para cada unha das saídas, con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros e adxudicaranse as prazas por rigorosa orde de inscrición a partir do martes 7 de xuño ás 10.00 horas no seguinte formulario:

COSTA DA MORTE

RUTA POLA COSTA DA MORTE, DA PONTE DO PORTO Á PUNTA DA BARCA DE MUXÍA

Punto inicio/: Ponte do Porto (Camariñas)/ Punto final: A Barca (Muxía)

Distancia aprox.: 20 km

Dificultade: media-baixa

PUNTOS DE INTERESE

-       Igrexa Románica e Torres de Cereixo

-       Praia Lago

-       Hórreo e reitoral de Dozón

-       Camiño de Santiago a Muxía

-       Muíños do río Negro

-       Merexo

-       Praia de Area Maior

-       Igrexa de San Xiao de Moraime

-       Chorente

-       Praia de Espiñeirido

-       Muxía: portos e secadoiros de congro

-       Punta da Barca: Santuario,  Pedra de Abalar

VISITA CULTURAL: Igrexa de San Xiao de Moraime

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza