Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística
   
NOVAS

« Atrás

Manual para deitarse e durmir o domingo 20 na Fábrica

O vindeiro luns 14 de novembro abre o prazo para inscribirse no espectáculo Manual para deitarse e durmir, de Caxoto, que terá lugar o 20 de novembro na Fábrica ás 12.00 horas, para nenos e nenas de 0 a 3 anos.
 
Moi poucos nenos e nenas hai que se vaian para a cama de boa gaña. Normalmente os preliminares a deitarse convértense nun proceso lento e exasperante no que calquera escusa se aproveita para retrasar o temido momento de apagar a luz e durmir. Limpar os dentes, facer pis, poñer o pixama, xogar co rolo de papel hixiénico, fantasiar coas sombras da escuridade... convértense cada noite en pequenas aventuras que atesourar antes de conciliar o sono.
Neste espectáculo Caxoto regresa a estes intres antes de deitarse e convérteos nunha función de contos chea de aventuras, misterios sen resolver, visitas inesperadas,... e así desfrutar dunha viaxe á nosa nenez da man das nosas crianzas
 
As persoas interesadas en asistir poden facer a súa reserva  desde o luns 14 de novembro desde as10.00 horas, a través do seguinte enlace: https://forms.gle/6zWCveTCSWQuBDF49
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza