NOVAS « Atrás TEATRO EN MERA-SÁBADO 12 DE NOVEMBRO
TEATRO. Programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios-AGADIC Sábado 12 de novembro ás 20:30 horas Auditorio Gabriel García Márquez (Mera) Talía Teatro presenta Morte accidental dun anarquista
Seguramente esta afirmación non sería moito do seu agrado, pero a día de hoxe podemos considerar que Darío Fo é xa un clásico teatral dos últimos tempos. Por iso quixemos unirnos á inmensa nómina de compañías que montaron, montan e montarán as súas pezas, e entre elas, madía leva, a máis emblemática de todas. Os clásicos é o que teñen, que as súas portas están sempre abertas a novas visitas: dos creadores e do público. Porque, por desgraza, cincuenta anos despois de ser escrito, este sainete político, esta disparatada pero reflexiva comedia, segue achegando sons que, dun xeito máis ou menos directo ou metafórico, reverberan aínda nos muros da actualidade.
Autor: Dario Fo Dirección: Cándido Pazó Elenco: Toño Casais, Dani Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Artur Trillo, Diego Rey e Marta Ríos Escenografía e iluminación: Dani Trillo Música: Manu Abraldes Duración: 85 minutos Público: adulto Prezo: 4,00 € (As entradas poñeranse á venda con antelación a través de ataquilla.com e no propio auditorio unha hora antes do espectáculo, ata completar a capacidade da sala). Maiores 12 anos | |