Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística
   
NOVAS

« Atrás

DANZA EN MERA O SÁBADO 4

Sábado 4 de decembro ás 20.30 horas

Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)

Javier Martín: Figuras do Limiar

 Autoría e coreografía: Javier Martín

Dirección artística e coreográfica: Javier Martín

Asistencia ao movemento: Pep Ramis

Movemento: Javier Martín

Iluminación: Octavio Mas

Espazo sonoro: Javier Martín

Produción e acompañamento teórico: Sabela Mendoza

Xénero: danza

Duración: 75 minutos

Sinopse: Figuras do limiar é o título do novo proxecto de Javier Martín, coreógrafo e bailarín galego con 15 anos de traxectoria profesional, recoñecido polas súas achegas innovadoras ás artes do movemento, a procura de novas linguaxes, o traballo investigador, a improvisación como rigor escénico e o encontro con outras disciplinas artísticas.

Un limiar refírese ao tránsito. Ao concepto de «cruzar o limiar», característico dos ritos e cerimonias de paso, e presente en innumerables culturas desde tempos antigos e que sempre implica un corpo en movemento nun acontecemento feito danza social.

O famoso arquetipo do «gardián do limiar» refírese a aquelas figuras que adquiren as formas dos nosos medos máis íntimos: gardan o limiar pero non para negarnos a entrada, senón para animarnos a vivir o labirinto oportuno que fai posible a transformación e, polo tanto, o paso. É necesario vestir as peles das bestas, habitar as máscaras. Vibrar coa forma do monstro, disólverse no Outro e incorporar a diferenza.

 Prezo: 2,5 €

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza