Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística
   

NOVAS

     

Letras Galegas 2017: A galiña azul de Carlos Casares chega ás escolas públicas de Oleiros

As historias da formiga esquiadora, a galiña azul do Lorenzo e os inventos do Leoncio chegan a todos/as nenos/as de 6º de infantil dos colexios públicos de Oleiros. Co obxectivo de celebrar as Letras Galegas 2017, a Concellería de Cultura e Normalización Lingüística achega aos máis pequechos/as do concello un dos clásicos da literatura infantil galega escrito por Carlos Casares. Os nenos e as nenas gozarán nos próximos días dunha contada lúdica e participativa do 1º libro de literatura infantil escrito polo ourensán homenaxeado e dun obradoiro de ilustración con tampóns e tinta.

XABIER DÍAZ & ADUFEIRAS DE SALITRE NA FÁBRICA

  O sábado 20 de maio ás 20:30 horas o Auditorio da Fábrica de Perillo acollerá este novo traballo de Xabier Díaz (Berroguetto, NovaGalega de Danza, aCadaCanto) xunto coas Adufeiras de...

O Cancodrilo chega ás escolas de Oleiros

Co gallo das Letras Galegas, o Concello de Oleiros desde a Concellería de Cultura e Normalización Lingüística agasalla ás escolas infantís e aulas de infantil dos colexios públicos con exemplares do Cancodrilo en Oleiros, escrito por Xabier López Mateos e ilustrado por Javier Rey Feijoo e Silvia González Sánchez. Cancodrilo, o protagonista animal destes contos, metade can e metade crocodilo, chega ao noso municipio en compañía dos seus amigos para coñecer os lugares emblemáticos de Oleiros. Xunto a Ourizopicón, Laura, Adela e Nico visitan a Casa do Charry, As Torres, o Castelo de Santa Cruz, a lagoa e o faro de Mera, os cantís e o Castro de Punta Torrella, o porto de Dexo, as bateas de Lorbé, a biblioteca Rialeda e o Centro Cultural A Fábrica. Nas súas aventuras, Cancodrilo e os seus amigos deberán enfrontarse a situacións cotiás da vida das que tratará de aprender algo novo e nas que se demostrará o valor da amizade e o respecto polos demais e pola contorna que nos rodea. Ademais disto, este volume achegará a xeografía oleirense aos máis pequechos e pequechas da casa nun formato atractivo, lúdico e cargado de cor.

Actividades Verán 2017

Folleto coa información das actividades de verán 2017 do Concello de Oleiros.

Cine na Fábrica o Día das Letras Galegas

Mércores 17 de maio ás 19:30 horas no Auditorio da Fábrica A PRAIA DOS AFOGADOS   Dirección: Gerardo Herrero Reparto: Carmelo Gómez, Antonio Garrido, Tamar...

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza