Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística
   
NOVAS

« Atrás

PROXECCIÓN: NOITE IRISADA - Día do orgullo LGTB

Con motivo da conmemoración do Día do Orgullo LGTB, o 28 de xuño áss 20.30 horas, terá lugar no auditorio da Fábrica de Perillo a proxección do documental Noite irisada, un relato da loita dos colectivos LGTBI en Galicia.

 Director: Bea Vázquez Campaña

Ano: 2019

Duración: 62 min.

Xénero: Documental

Sinopse: Noite Irisada é un relato da loita dos colectivos LGTBI en Galicia. A través dun coidado traballo de investigación, o filme máis recente da viguesa Bea Vázquez Campaña ofrece unha completa panorámica dos profundos cambios socioculturais que se deron ao longo da historia: da normalidade das prácticas homosexuais en tempos pasados aos inicios da homofobia e a persecución posterior; da adulteración das cantigas medievais ou a represión franquista, ata os nosos días.

Este labor documental —que foi nomeado aos Premios Mestre Mateo do ano 2020— é ademais enriquecido co testemuño de persoas que viviron a súa condición sexual na clandestinidade, activistas que a través de diversas organizacións loitaron pola consecución de dereitos que hoxe nos parecen elementais; pero tamén co de xente máis nova que nos fala de todo o que queda por facer e do temor, tamén fundado, a un retroceso deses dereitos conquistados.

Noite Irisada é, en definitiva, un valioso documento sobre o amor, o respecto, a loita e a memoria.

Prezo: entrada de balde con invitación (as invitacións daranse a partir das 19.30 horas, ata completar a capacidade da sala).

Por mor das indicacións e medidas de seguridade e hixiene fronte a COVID-19, o espectáculo terá capacidade limitada e será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza