Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Normalización  
Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística » Normalización » Presentación

Presentación

O Servizo de Normalización Lingüística creouse no ano 2008, cun único obxectivo, normalizar o uso da lingua galega no Concello de Oleiros. Para facer efectiva a normalización da lingua é preciso atender á normativización, pois nunha Administración hai que empregar a lingua estándar, seguindo as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, aprobadas en 2003.

Desde o SNL desempeñamos tres funcións principais, o asesoramento, a formación e a dinamización. Por unha banda, o asesoramento, a través da tradución, da corrección e da resolución de dúbidas usarase a lingua galega estándar e axudarase en materia lingüística a toda a poboación oleirense. Por outra banda, a formación, pois para que se empregue a lingua galega é preciso ensinala, polo que desde o Concello se levan a cabo dous cursos de lingua galega ao ano. E finalmente, a dinamización, pois para normalizar o uso da lingua é preciso facer actividades que fomenten e promovan o uso da lingua e consigan afastar do galego prexuízos lingüísticos, á vez que se incrementa o uso da lingua e o número de falantes.

Para o mantemento deste servizo cóntase coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña e da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, que axudan a financiar o custo do persoal adscrito.

 

 

Cousas da vida

O SAPO - Se fose home xa me parecía mal que ti dixeses cri.cri decindo eu cro.cro

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza