Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Normalización  
Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística » Normalización » Funcións

Funcións

O Concello de Oleiros dispón dun Servizo de Normalización Lingüística desde xuño de 2008. Este departamento traballa para mellorar o uso e o estatus da lingua tanto na Administración, como entre a cidadanía. Para conseguir resultados neste eido é preciso desempeñar diferentes funcións entre as que destacan as seguintes:

Funcións xerais

  • Asesorar á Administración en todo o relacionado coa política lingüística.
  • Facer un seguimento do cumprimento da lexislación vixente en materia lingüística por parte da institución e, en consecuencia, velar para que, desde esta, se lle garantan todos os dereitos lingüísticos á cidadanía.
  • Colaborar coa Administración para determinar os perfís lingüísticos necesarios para cada un dos postos de traballo que esta oferta, cooperando con ela nas probas e procesos selectivos para que se avalíen axeitadamente os coñecementos lingüísticos das persoas aspirantes.

Funcións de dinamización lingüística

  • Planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega, seguindo as directrices de política lingüística do organismo.
  • Fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia para unha maior repercusión social desta lingua.
  • Propoñer programas dinamizadores e actividades concretas que conciencien a sociedade respecto ao uso da lingua galega.
  • Propiciar e xestionar liñas de información e axuda dirixidas á rede asociativa, empresarial e educativa para fomentar o uso do galego.
  • Promover e coordinar grupos de persoas interesadas no proceso de normalización lingüística para que funcionen como axentes normalizadores na sociedade.

Funcións de formación sociolingüística

  • Planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega, tanto xerais como específicos.
  • Difundir materiais que contribúan á tarefa normalizadora: dereitos lingüísticos, lexislación, recursos lingüísticos etc.
  • Colaborar no deseño de programas de formación non lingüística, co fin de garantir a presenza do galego e de contidos que favorezan a mellora das actitudes lingüísticas.

Funcións de asesoramento lingüístico

  • Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da Administración.
  • Normalizar a imaxe lingüística e fixar criterios lingüísticos para a organización.
  • Resolver dúbidas relacionadas coa lingua. 

 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza