Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Normalización  
Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística » Normalización » Formación

Formación

Para mellorar o uso da lingua é preciso formar a cidadanía e, por iso, distintos organismos imparten cursos presenciais ou en liña. O Concello de Oleiros ofrece dous cursos Celga ao ano. Esta formación que desenvolve a Xunta de Galicia nos diversos concellos da nosa comunidade e no exterior é a preparatoria para obter a certificación oficial da lingua galega.

Os cursos Celga teñen 5 niveis. Se precisas saber en cal deles debes inscribirte podes consultar a páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística, onde poderás informarte das validacións, dos cursos preparatorios, dos exames, dos materiais para preparar o curso... Para acceder á información preme aquí ou ponte en contacto connosco a través do teléfono 981 610 000 ou enviando un correo a l.filloy@oleiros.org.

Ademais dos cursos Celga, tamén podes recibir formación en galego na Escola Oficial de Idiomas, nos centros de ensino, nas universidades e a través dunha serie de páxinas webs.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza