Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Normalización  
Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística » Normalización » Contidos
   
CONTIDOS

« Atrás

Prazas esgotadas para ver a obra Nube nube sol este domingo

O SNL organizou para este domingo 12 de maio a obra Nube nube sol, de Teatro Ó Cubo, ás 12.00 horas na Casa da República. As persoas interesadas inscribíronse ao longo desta semana na actividade, mais xa non quedan prazas. A actividade é gratuíta ata completar a capacidade da sala.

Sinopse:
As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta para encherse de cores. Ao amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos, e acompañados de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe. Nube nube sol métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol provocan na nosa contorna. A través do corpo, o xesto, o canto e a música, Teatro ó Cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza