Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Cultura  
Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística » Cultura » Museo Os Oleiros
   

Museo Os Oleiros - José Mª Kaydeda

     

CÓMO CHEGAR:

Centro Cultural As Torres

Avda. Emilia Pardo Bazán, 17

Porto de Santa Cruz

Liáns

N 43º 20' 48"
W  8º 20' 36"
 

Ver no mapa

 

 

   

O MUSEO

O Museo “Os Oleiros” – José Mª Kaydeda é unha institución de titularidade municipal que ten a súa sede no primeiro e segundo andar do Centro Cultural As Torres en Santa Cruz.

Dedícase ao mundo da olaría popular española. Na súa exposición permanente pódese atopar unha ampla variedade de pezas de uso cotiá procedentes de toda a xeografía española, incluíndo as illas.

Na mostra hai, tamén, un pequeno apartado dedicado á olaría precolombina.

 

HORARIO:

De martes a sábado: de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.

Domingos: visitas guiadas para grupos previa reserva.

Luns: pechado

ENTRADA DE BALDE

 

VISITAS GUIADAS:

As visitas para grupos deben ser concertadas previamente no teléfono: 981 62 66 92 ou no correo electrónico: museos@oleiros.org

Tempo aproximado da visita: 50 minutos.

CUSTO: De balde. 

 

RECEPCIÓN:

Os visitantes dispoñen de persoal especializado que os pode informar sobre os contidos do museo e ofrecerlles as indicacións axeitadas para realizar unha visita satisfactoria.

 

NORMAS DE ACCESO:

Non está permitido o acceso con animais, salvo cans guía.

Non está permitido fumar no interior do edifcio nin acceder con alimentos, bebidas, mochilas, bolsas voluminosas ou paraugas.

Non está permitido tomar fotografías ou vídeos no interior. Se teñen interese nalgunha imaxe dalgunha peza poden solicitala ao persoal do centro.

 

ACCESIBILIDADE:

As instalacións do museo non están adaptadas para persoas con mobilidade reducida.

 

Coa colaboración:

 

 

   

Galería de imaxes

     
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza