Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Cultura  
Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística » Cultura » Contidos
   
NOVAS

« Atrás

O Goberno local do Concello de Oleiros adhírese á campaña BDS contra Israel

O Goberno local do Concello de Oleiros adhirese á campaña BDS contra Israel que ten como obxectivos reinvidicar a finalización da ocupación e colonización de todas as terras palestinas e o desmantelamento do Muro e recoñecer os dereitos fundamentais dos cidadáns árabe-palestinos de Israel para unha igualdade completa e o dereito dos palestinos refuxiados a retornar ás súas casas e propiedades como o estipulou a resolución 194.

A adhesión a esta campaña por parte do Concello de Oleiros supón a adquisición do compromiso de absterse de colaborar co Estado israelí, as súas institucións públicas ou os seus representantes oficiais no Estado español, en calquera proxecto de desenvolvemento agrario, educativo, comercial, cultural ou de seguridade; non contratar servizos ou comprar produtos a empresas israelís ou empresas cómplices de violacións do dereito internacional en Palestina e difundir a campaña BDS entre a cidadanía e apoiala nos seus distintos ámbitos (económico, cultural, deportivo, académico e institucional).

En Xullo de 2005 unha ampla coalición de colectivos palestinos lanzou a campaña BDS Global contra Israel apelando ás “persoas con consciencia en todo o mundo para impor amplos Boicotes e implementar iniciativas de Desinvestimento e Sancións contra Israel” como medida de presión para acabar con a cada vez mais sangrenta limpeza étnica do pobo palestino. Sindicatos, universidades, colectivos sociais, asociacións de consumidores, movementos pacifistas, concellos, artistas, estudantes, profesionais dos mais diferentes ámbitos e de todos os continentes uníronse nun movemento cidadán e pacífico que crece e multiplica os seus resultados día da día.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza