Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Cultura  
Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística » Cultura » Contidos
   
NOVAS

« Atrás

VII Ciclo Voces Cálidas para noites de inverno. Concerto de Rebeca Jiménez.

 Concerto de Rebeca Jiménez “La Mexicana”, o sábado 7 de marzo ás 20:30 horas, no Auditorio da Fábrica (Perillo).

Rebeca Jiménez, segoviana de nacemento, mexicana de corazón.
Cun estilo persoal que leva desde o pop-rock con matices soul ata as rancheiras, e unha voz inconfundible, Rebeca preséntanos o seu #RockRanchero.
Colaborou con Neil Young, John Fogerty, Miguel Ríos, Andrés Calamaro, Coque Malla, Rubén Pozo, Leiva, MClan e un longo etcétera de artistas.

No directo é onde mellor se desenvolve e puido mostrar as súas cancións en lugares como Nova York, China, México e todos os recunchos de España.
Precisamente o seu amor por México levouno a render unha homenaxe en forma de cancións que ela sente moi dentro, xa que desde pequena canta temas do folclore latinoamericano.

Fervente admiradora de Chavela Vargas, Rebeca presenta os adiantos do seu novo traballo “La Mexicana”. Toda unha viaxe musical chea de emoción e sorpresas que tardarán tempo en esquecer
Escoiten o que esta moza de voz de “areoso veludo” ten que contar.

Prezo: 3,50 € (As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala).

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza