Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Cultura  
Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística » Cultura » Contidos
   
NOVAS

« Atrás

INICIO PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO-DECEMBRO 2019

O Departamento de cultura arranca a súa programación cultural de outono nos espazos escénicos municipais o vindeiro venres 27 de setembro coa representación no auditorio do centro cultural A Fábrica da obra “Coa mirada nas súas mans”, de Lohengrín Teatro. Esta obra enmárcase dentro do Circuíto Fegatea (Federación Galega de Teatro Amador).14 espectáculos de música e teatro e dúas proxeccións cinematográficas encherán os escenarios dos diferentes espazos escénicos municipais entre os meses de setembro e decembro.

En canto á programación musical, contaremos con dous concertos de música de pulso e púa interpretados por dúas formacións procedentes de Chile e Portugal, coa actuación de Mónica de Nut e Virxilio Dasilva e co concerto de Emilio Rúa, presentando un disco de Duetos.

A programación teatral mesturará espectáculos de compañías profesionais de recente creación e doutras xa consolidadas dentro do panorama teatral galego e de teatro amador tanto para público adulto como familiar. A Federación Galega de Teatro Amador (FEGATEA) presentará catro espectáculos, entre os que destacamos o espectáculo “A túa tenrura, Molotov” da compañía oleirense Axóuxere Teatro.  

Polo auditorio Gabriel García Márquez pasarán compañías como Malasombra Produccións, Talía Teatro, Contraproduccións, Marelas Producións ou Redrum Teatro. O centro cultural A Fábrica acollerá as proxeccións de La sombra de la Ley e Trote.

A programación conta coa colaboración da Deputación da Coruña e da Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC.

Podes consultar toda a programación premendo aquí.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza