Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Cultura  
Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística » Cultura » Contidos
   
NOVAS

« Atrás

TEATRO EN MERA-SÁBADO 12 SETEMBRO

 O Departamento de cultura arranca a súa programación cultural de outono nos espazos escénicos municipais o vindeiro sábado 12 de setembro coa representación no auditorio Gabriel García Márquez, de Mera, da obra “Bernarda”, de Malasombra Producións. Esta obra enmárcase dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC. 

14 espectáculos de música, teatro, danza e maxia encherán os diferentes espazos escénicos municipais entre os meses de setembro e decembro. En canto á programación musical, contaremos coa actuación da bailaora Carolina Blanco e co concerto do Cimarrón String Trío. 

Polo auditorio Gabriel García Márquez pasarán compañías como Chévere, Teatro do Atlántico, ButacaZero, Ibuprofeno Teatro, Bucanero, La Macana, Exire-Entremans, Antón Reixa e Martín Camiña entre outros. Teatro da Ramboia  tamén presentará o espectáculo “O meu mundo non é deste reino”, obra gañadora do 1º certame de proxectos teatrais da fundación Manuel María. 

A programación conta coa colaboración da Deputación da Coruña e da Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC. 

Este ano, en atención ás indicacións e medidas de seguridade e hixiene fronte ao COVID-19, todos os espectáculos terán aforo limitado e será obrigatorio  manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.  

              Para descargar o folleto con toda a programación preme aquí 

Sábado 12 de setembro ás 20:30 horas

Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera

Malasombra Producións “ Bernarda”

 Programación Rede Galega de Teatros e Auditorios-AGADIC 

Autoría e dirección: José Prieto 

Sinopse: Bernarda recolle o punto de partida de “La casa de Bernarda Alba”, escrita por Lorca en 1936, unha muller que queda viúva con fillas mozas e decreta un rigoroso loito, pero traslada a acción a unha vila de Galicia case corenta anos máis tarde, en 1975, nun momento clave da nosa historia recente, no que as ansias de cambios chocan coas tradicións máis arraigadas, como é neste caso, o loito. Bernarda, ao quedar viúva, tenta que todo siga sendo igual que sempre, como foi toda a súa vida, e que as malas influencias dunha sociedade en proceso de transformación non cheguen ás súas fillas nin a ela mesma. Bernarda é unha historia comprensible e universal, un choque xeracional.

Elenco: Luisa Merelas, Celia González e Esther Aja  Xénero: drama Duración: 75 minutos

Público: maiores de 12 anos 

Prezo: 3,50 € (As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala).

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza