Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Cultura  
Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística » Cultura » Contidos
   
NOVAS

« Atrás

TEATRO EN MERA O SÁBADO 16 DE NOVEMBRO

 O Sábado 16 de novembro ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez, Mera, Contraproduccións presenta o espectáculo A compañeira de piso.

Autoría: Jen Silverman
Dirección: Belén Pichel e Cándido Pazó
Sinopse: Sharon (Patricia Vázquez), unha ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada, publica un anuncio para compartir a súa casa no corazón do rural de Iowa. Sharon procura alguén coma ela, unha compañeira, se cadra, unha amiga. A chegada de Robyn (Rebeca Montero) para ocupar o cuarto deixa a Sharon de pedra xa que non podían ser máis diferentes: lesbiana, vegana, chegada do Bronx... Pero lonxe de arredarse, Sharon comeza a experimentar co estraño (e prohibido) xeito de vida de Robyn sen saber que a súa inquilina procura un refuxio no que agocharse e cambiar de vida. Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila.
Elenco: Patricia Vázquez e Rebeca Montero, coa colaboración na voz en off de Xose Barato como fillo de Sharon
Xénero: comedia
Duración: 90 minutos
Público: maiores de 12 anos
Prezo: 3,50 euros. As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza