O sábado 26 de outubro ás 20:30 horas, no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Talía Teatro presenta o espectáculo Vida de cans.
Autoría: Cándido Pazó
Dirección: Cándido Pazó
Sinopse: Tres actores. Tres cans. Ou tres actores que fan de can sen deixar de ser actores. Sen deixar de ser cans.
Están recluídos nun recinto que lles preparou o seu amo. Moi grande, moi cómodo, moi ameno, moi limpo... pero recinto. Ben tratados, ben atendidos, ben alimentados, ben acariñados..., pero recluídos.
Fóra do recinto está a liberdade. Cos seus desacougos, as súas incertezas, os seus problemas, os seus perigos... pero liberdade.
Cada un dos tres afronta o conflito segundo a súa personalidade, ou segundo a súa canalidade, e todo vai derivando cara a unha traxedia que nunca deixa de ser comedia.
Elenco: Toño Casais, Dani Trillo e Artur Trillo
Xénero: comedia absurda, comedia paródica, comedia metafórica
Duración: 75 minutos
Público: maiores de 12 anos
Prezo: 3,50 euros. As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala.