Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Cultura  
Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística » Cultura » Contidos
   
NOVAS

« Atrás

Gala 40 anos de Música Tradicional Xacarandaina

Sábado 11 de maio ás 20.30 horas

Auditorio Gabriel García Márquez, Mera

(Entrada libre con invitación. As invitacións poderán recollerse a partir das 19.30 horas, ata completarse a capacidade da sala. Poderanse retirar como máximo 5 entradas por persoa)

  Co gallo do Día Internacional da Danza, celebrado o pasado 29 de abril, a área de cultura da Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Oleiros promove unha actuación do Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina o vindeiro sábado 11 de maio a partir das 20.30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera, co obxectivo principal  de promover e divulgar a nosa danza. Para isto fíxose unha escolla de entre máis de 500 bailes rescatados do esquecemento no encomiable traballo de campo feito por Xacarandaina.

A singularidade do espectáculo será volver a poñer enriba do escenario danzas e bailes que se estrearon hai anos e que non se volverán bailar, poñéndoas outra vez en repertorio, e así amosar a evolución da danza galega escénica desde 1979 até hoxe, facendo un espectáculo de grande valor escénico, histórico e etnográfico.

Nesta gala participarán máis de 40 artistas entre corpo de baile, músicos e pandereteiras, todos dirixidos por Quique Peón e a súa equipa de traballo.

Asociación Cultural Xacarandaina

Nace en 1978 co obxectivo de “educar para o mellor disfrute do lecer”. Durante estes anos a Asociación aumentou e medrou, ampliando o seu número de socios/as e conseguindo que non só os máis novos estean incorporados dentro dela senón que o abano de idades sexa moito maior, aínda que o espírito segue sendo o mesmo co que foi creada, sendo unha entidade que ofrece servizos á mocidade.

O Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina ten como misión fundamental a investigación do folclore galego. Nesta tarefa búscase a maior pureza e semellanza coa realidade e pretendende ser unha ferramenta de transmisión da arte popular de Galicia. Para levar a cabo tal fin, realizan espectáculos de gran magnitude e representan, tanto en Galicia, como no resto do Estado, así como no estranxeiro a través dos festivais internacionais onde participa. A Asociación é a que nutre ó grupo dos seus mellores bailaríns e músicos que son á vez mestres dalgunhas actividades da Asociación e traballaren para inculcar os seus coñecementos a moitos alumnos que teñen como meta chegar a formar parte do devandito grupo.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza