Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Cultura  
Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística » Cultura » Contidos
   
NOVAS

« Atrás

Implicadas no Desenvolvemento presenta "A violencia dun sorriso" o mércores en Rialeda

Implicadas no Desenvolvemento presentará a obra “A violencia dun sorriso” o vindeiro mércores día 9 de novembro ás 20:00 horas na Biblioteca Central Rialeda, en Perillo. O libro é unha antoloxía de poemas da autora támil Thamizhachi Tangapandian, publicada nunha edición bilingüe támil-galego, na que tamén figuran poesías de autoras galegas. Ademais, o grupo teatral A Panadaría presentará un recital inspirado nos poemas presentes neste libro.

T. Sumathy coñecida no mundo literario como Thamizhachi Thangapandian é licenciada en filoloxía inglesa con especialidade en literatura inglesa polo Thiagarajar Arts College de Madurai, en Támil Nadu, un estado da India no que viven máis de sesenta millóns de persoas. Entre 1996 e 2008 traballou como docente no Queen Mary’s college de Chennai. Como investigadora, en 2004, recibiu unha bolsa do AIC (Australia India Council) e doutorouse pola University of Madras en 2010.

Ademais de ser unha poeta de gran recoñecemento en lingua támil, as súas áreas de interese inclúen as literaturas poscoloniais, en particular de Sri Lanka e de Australia; literaturas da diáspora (en concreto da diáspora támil de Sri Lanka), a tradución crítica e as artes escénicas (o teatro támil). Publicou unhas doce obras en támil e unha en inglés. Neste momento dedícase á escrita e á interpretación.

A autora támil non é só unha das voces máis prestixiosas da escrita poética en lingua támil, senón tamén unha traballadora incansable a prol da palabra das mulleres. Thamizhachi ten colaborado con Implicadas nos seus programas de cooperación ao desenvolvemento en Támil Nadu.

Implicadas no Desenvolvemento traballa desde hai 18 anos a prol da erradicación da pobreza nas comunidades mais afectadas por ela e, mais en concreto, co grupo das mulleres a través da eliminación das estruturas de opresión Norte - Sur e de xénero e a contribución a unha vida digna para todas as persoas nun exercicio de co-responsabilidade entre Galicia e as sociedades civís do Sur.

Implicadas no Desenvolvemento entende a cooperación ao desenvolvemento como un intercambio coas comunidades coas que traballa, que enriquece as dúas partes e que pretende, desde a igualdade e o entendemento, conseguir un cambio a nivel global nos ámbitos do xénero, a sanidade, a educación, os dereitos humanos, a economía e todos os factores que compoñen o desenvolvemento humano perdurable. Por este motivo, traballan na procura dunha conciencia social crítica materializada na implicación da sociedade coas problemáticas identificadas pola organización.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza