Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Comunicación e Novas Tecnoloxías da Información

NOVAS

« Atrás

O Concello de Oleiros dixitaliza o rexistro

Oleiros, 20 de febreiro de 2018-. O Concello de Oleiros procedeu no día de hoxe á implantar a tecnoloxía que permitirá dixitalizar o rexistro municipal, tanto de entrada como de saída. A partir de agora, os documentos que presenten os cidadáns ante a administración local quedarán dixitalizados, podendo conservar os orixinais os veciños e veciñas.

Este é un paso máis do Concello de Oleiros na posta en marcha da administración electrónica, que xa se atopa moi avanzada cunha Sede electrónica na que se poden facer numerosos trámites. Nos vindeiros meses seguirase avanzando para mellorar e ampliar o servizo telemático que se lle presta aos veciños e veciñas do municipio con, entre outras cousas, o rexistro electrónico desde dispositivos móbiles e ordenadores.
 
TRÁMITES

LIGAZÓNS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza